Este pequeno pedazo do lugar de Bornalle, en Abelleira, amosa o solpor nun pequeno porto do que antigamente saían a faenar dornas e outros barcos de vela como "O Golondrina", hoxe en día serve de refuxio para botes e gamelas de pescadores locais. Ademáis é o lugar de desembocadura do río Rateira, a cal da lugar a un pequeno esteiro protexido por unha lingua de area que sostén un fermoso pinar, estas condicións converten a zona nun escelente refuxio para garzas, parrulos, corvoráns e outras aves mariñas. Ao outro lado desta lingua atópase a praia do "Ribón", a cal leva sustentando a varias xeracións de mariscadoras e maricadores.

Categoría:

Aplausos conseguidos:

Usuario:

Solpor na Moreira.