Sorteamos 28 bonos regalo para que veñades a presumir de outono en Galicia
Galicia é unha terra que vale a pena visitar en calquera época do ano, aínda que durante o outono a nosa comunidade brilla con luz propia e loce máis fermosa que nunca. E para que poidades comprobalo vós mesmos, desde Presume de Galicia imos sortear a través da nosa páxina de Facebook 28 bonos regalo por valor de 200€ e 100€, que poderedes trocar por unha escapada á nosa comunidade para vir presumir de outono connosco. Explicámosvos como participar!
PARTICIPANTES
Poden participar todas as persoas maiores de idade que o desexen, sexa cal for a súa nacionalidade, salvo traballadores de Turismo de Galicia, o Clúster de Turismo de Galicia e a empresa ou axencia encargada da xestión da campaña, neste caso Mr. Turismo, Marketing en acción. A participación neste sorteo implica a total aceptación destas bases.
DURACIÓN E ÁMBITO
OBXECTO E DINÁMICA DO CONCURSO
Cada mércores subirase á páxina de Facebook de Presume de Galicia unha imaxe anunciando o inicio do sorteo semanal, coas indicacións do que deberán facer os participantes para optar ao premio. Isto será: ser seguidores da páxina de Facebook, dar like á publicación do sorteo e comentar na propia publicación con quen se iría de escapada se resultasen gañadores, mencionando a esa persoa.
Terase en canta unha única participación por usuario, independentemente do número de comentarios que deixase.Os martes anunciaranse aos gañadores da semana, que serán seleccionados ao azar mediante un sorteo realizado na aplicación online Sortea2.
Cada usuario poderá gañar un único bono regalo ao longo de toda a iniciativa, polo que en caso de saír seleccionado máis dunha vez, o usuario será descartado e o seu premio non será cuberto.
Os gañadores serán contactados a través das redes sociais de Presume de Galicia.
Unha vez comprobados e recolleitos os seus datos, daráselles as indicacións dos pasos a seguir para trocar o seu premio. Os bonos regalo terán validez única e exclusivamente a través da operativa de reservas habilitada por Presume de Galicia para a realización desta acción, polo que os gañadores non poderán trocalo directamente e en ningún caso co establecemento no que queiran gozar da súa estancia.
O importe total cuberto polos bonos regalo será de 200€ no caso dos primeiros premios, e de 100€ no caso dos segundos premios. Se o importe da estancia seleccionada fose maior, a diferenza correría a cargo do premiado. Se o importe da estancia seleccionada fose menor, o premiado podería engadir extras que se atopen entre os servizos do aloxamento elixido (comidas, spa, etc…) ata completar ou superar o valor do bono. Se en todo caso o importe da súa estancia fose menor ao valor do bono, os cartos restante quedarían sen consumir.
Se algunha das persoas gañadoras non se puxese en contacto con Presume de Galicia nos 3 días posteriores ao anuncio dos gañadores ou non fectuase a súa reserva no prazo establecido, perdería todo dereito a gozar do seu premio.
PREMIOS
Cada semana sortearanse 7 bonos regalo para estancias en Galicia: 1 bono de 200€ e 6 bonos de 100€. Así, ao longo de todo o período de duración desta iniciativa sortearanse un total de 4 bonos regalo de 200€, e 24 bonos regalo de 100€ (28 premios).
ACEPTACIÓN DAS BASES
A simple participación no sorteo implica a aceptación das presentes bases, polo que a manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das mesmas implicará a exclusión do participante e como consecuencia diso, o Clúster de Turismo de Galicia quedará liberado do cumprimento da obrigación contraída con devandito participante.
PROTECCIÓN DE DATOS
En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos, Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 ( GDPR), Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal ( LOPDCP, 15/99), Regulamento de Desenvolvemento da LOPDCP (Real Decreto, 1720/2007, do 21 de decembro), informámoslle da Política de Protección de Datos Persoais, no que se refire ao tratamento dos datos persoais, pódese consultar na sección Aviso Legal.
Comentarios