SÍGUENOS

Bases

 

BASES CONCURSO FOTORRELATO E VIDEORRELATO “PRESUME DE MORRIÑA”

 

Entidade Organizadora

Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG), con NIF G70377338, e domicilio en Edificio Centro de Emprendimento (Coworking), Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás s/n. 15707, Santiago de Compostela (A Coruña), inscrita co número 2013/017785 Sección 1 do Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia, en diante O ORGANIZADOR.

 

Data de inicio

O concurso se iniciarase o día 2 de outubro de 2021.

 

Obxecto do concurso

O obxecto deste concurso é compartir con outros usuarios a través das redes sociais as experiencias vividas durante unha estancia en calquera localidade de Galicia. Os participantes crearán un videorrelato ou un fotorrelato que servirá para conectar á comunidade coas súas vivencias en Galicia, e así contribuír a dar a coñecer e potenciar os seus numerosos recursos turísticos.

 

Participantes

Pode participar no concurso calquera persoa “presumidora”, residente ou non en España, sen importar a súa nacionalidade. Entenderase por persoa “presumidora” aquela que xa estivese rexistrada previamente na web de presumedegalicia.com ou que cumprimente o formulario de participación desta campaña, e que acepte expresamente estas bases.

 

Menores de idade: no momento de aceptar as presentes bases, os menores deberán estar asistidos polas persoas que exerzan a súa patria potestade ou tutela legal, que deberán outorgar o seu consentimento expreso achegando copia da súa autorización.

 

Descargar modelo autorización menores PDF

 

Non poderán participar no presente concurso aquelas persoas que se atopen vinculadas mediante relación laboral ou mercantil a Presume de Morriña, nin os traballadores ou colaboradores das entidades que teñan relación con este concurso e cos premios a entregar, nin os seus familiares até o primeiro grao, nin cónxuxe ou relación de natureza análoga.

De igual maneira, non poderán participar aquelas persoas cuxos datos sexan incorrectos ou incompletos. Así mesmo, os datos facilitados deberán ser veraces.

 

Tipoloxía das obras

Pódese participar con dúas tipoloxías de traballo, videorrelato e fotorrelato, seguindo as indicacións que se detallan a continuación.

Poderanse presentar tantas obras como se desexe.

Os participantes responsabilízanse totalmente de ser os únicos autores, de que non existan dereitos de propiedade intelectual de terceiros, así como asumen a total responsabilidade por calquera reclamación por dereitos de imaxe, propiedade intelectual ou protección de datos sobre as obras presentadas ao concurso

 

5.1 - FOTORRELATO.

As obras deben conter:

 

  • Un relato orixinal e inédito escrito en lingua galega ou castelá cun máximo de 2000 caracteres no corpo do relato, incluído o título e cancelos. No relato debe mencionarse obrigatoriamente o nome de algunha localidade ou poboación galega.
  • Unha fotografía de autoría propia que ilustre o relato ou que sirva de inspiración a este.

 

Permitirase a edición nas fotos tales como corrección de cor e luminosidade, pero sempre ha de recoñecerse o lugar fotografado. Non se admitirán imaxes con logos, marcas de auga ou selos similares.

 

5.2 - VIDEORRELATO:

As obras deben conter:

 

- Un relato orixinal e inédito escrito en lingua castelá ou galega cun máximo de 2000 caracteres no corpo do relato, incluído o título e cancelos. No relato debe mencionarse obrigatoriamente o nome de algunha localidade ou poboación galega.

 

- Un vídeo inédito de duración máxima de 1 minuto que complemente o relato escrito. A técnica, enfoque ou recursos a empregar serán libres, sempre que non exista dificultade para a súa reprodución nin para a identificación dos espazos. Os vídeos deberán publicarse sen son ou ben co son orixinal ambiente. Poderían quedar descualificados os que inclúan música ou efectos sonoros sempre que non se conte cos correspondentes dereitos de autor para a súa reprodución ou comunicación pública.

 

Permitirase a edición nos vídeos, tales como corrección de cor e luminosidade, pero sempre ha de recoñecerse o lugar filmado. Non se admitirán obras que inclúan logos, marca de auga ou selos similares

 

Temática

A temática dos traballos debe versar sobre experiencias vividas en Galicia, memorias e recordos dunha viaxe inesquecible. Suxírese que os traballos se enmarquen dentro dos seguintes temas: gastronomía, natureza, paisaxe, tradición, festas, patrimonio e cultura.

 

COMO PARTICIPAR

 

Para a persoa autora do fotorrelato ou videorrelato:

 

  • As persoas participantes terán que acceder á web do concurso e publicar o seu foto/videorrelato completando o formulario de participación.
  • O fotorrelato ou videorrelato deberá ser publicado ademáis nalgunha ou en varias redes sociais por parte da persoa autora, que terá etiquetado ao usuario @PresumeDeGalicia (en Facebook ou Instagram), e @PresumeDGalicia (en Twitter) e engadindo o cancelo #PresumeDeMorriña e o cancelo da localidade á que fai mención o relato.

 

Para a persoa votante:

 

  • Terá que identificarse na plataforma do concurso e poderán facelo co seu perfil de redes sociais (Instagram ou Twitter ou Facebook).
  • Para votar por un relato, só terá que pulsar no botón VOTAR da publicación elixida.
  • Cada publicación contará cun botón “VOTAR” que irá sumando e acumulando os votos de tódolos votantes do mes vixente.
  • Só poderá votar unha soa vez por un mesmo relato
  • Poderá votar por tódolos relatos que considere oportunos durante o período que dure o concurso.

 

Período de participación

Cada mes iníciase un novo período de participación. Este comezará ás 00:00 horas do primeiro día natural de mes e finalizará ás 23:59 horas do último día natural de mes durante o ano 2021.

 

PREMIOS

Establécense catro tipos de premios. Os premios non son acumulables, é dicir una mesma persoa non poderá gañar varios premios á vez no mesmo mes. No caso de que unha mesma persoa gañe no mesmo mes máis dun premio, por exemplo “Presumidor do mes” e “Premio por participación” deberá elixir o premio que considere máis vantaxoso, e o premio descartado asignarase ao seguinte gañador suplente.

 

9.1. Premios do xurado:

  • O premio do xurado consistirá nun vale para desfrutar dunha experiencia con pernoctación en Galicia, a elixir entre varios destinos.
  • Cada mes contabilizarase como un concurso independente e elixirase á persoa “PRESUMIDORA DO MES”.  Entre todas as obras gañadoras de todos os meses, o xurado elixirá unha que nomeará como persoa “PRESUMIDORA DO ANO” ao finalizar o concurso.
  • O xurado estará composto por dous profesionais vinculados á literatura e a fotografía, así como dous representantes do Clúster de Turismo de Galicia. Para a elección da mellor obra valorarase, entre outras características, que os traballos se centren nos temas suxeridos, a capacidade para evocar Galicia, a calidade, creatividade, a orixinalidade, a execución artística, etc., segundo o criterio do comité avaliador.
  • En caso de empate na valoración do xurado, a organización valorará positivamente o número de redes sociais de “Presume de Galicia” que siga o participante
  • A decisión do xurado será inapelable.

 

9.2. Premio do público:

  • O premio do xurado consistirá nun vale para desfrutar dunha experiencia con pernoctación en Galicia, a elixir entre varios destinos.
  • Os usuarios deberán emitir o seu voto desde a páxina do concurso onde aparecerán os relatos participantes de cada mes.
  • Os relatos participantes renovaranse mensualmente, e abrirase un período de participación e votación durante o mes natural vixente.
  • Para votar será obrigatorio identificarse cun perfil dunha rede social; Instagram ou Facebook ou Twitter.
  • Os/os autores/as poderán facer campaña para promover o voto dos seus relatos. A plataforma disporá dun botón para compartir os relatos de forma individual.

 

9.3. Premio participación:

Haberá un sorteo entre as persoas participantes. A persoa gañadora dese sorteo recibirá un vale para desfrutar dunha experiencia turística sen pernoctación en Galicia, a elixir entre varios destinos.

 

Premio aos votantes:

Haberá un sorteo entre as persoas que voten. A persoa gañadora dese sorteo recibirá un vale para desfrutar dunha experiencia turística sen pernoctación en Galicia, a elixir entre varios destinos.

 

ENTREGA DOS PREMIOS.

Os gañadores serán contactados polo correo electrónico que está vinculado á rede social coa que se identificaron no momento de participar. No caso de que non fose posible localizar aos gañadores nun prazo de tres meses, ou ben, se rexeitasen o premio expresamente por calquera causa, O ORGANIZADOR acudirá á listaxe de gañadores suplentes.

 

Unha vez aceptado o premio, os gañadores recibirán unha mensaxe privada a través de e-mail explicativo sobre como proceder para a entrega do mesmo.

 

Os gañadores autorizan a que o seu perfil de Instagram sexa publicado na páxina web e redes sociais do Clúster Turismo de Galicia, así como en calquera das canles oficiais de comunicación da marca sen que iso xere dereito ao seu favor a recibir contraprestación algunha.

 

LIMITACIÓNS

O sistema de concurso conta con algoritmos de protección de anti-fraude. O sistema poderá detectar o emprego de bots para o voto, campañas de voto-bombing, creación de perfís falsos (consideramos unha conta falsa aquela que non ten unha identidade real tal e como se indica nas Normas Comunitarias de Facebook, de Instagram e de Twitter ) o uso de e-mails temporais ou o uso de ferramentas informáticas para automatizar ou semi-automatizar o proceso de voto. Os votos emitidos con algunha destas técnicas ou prácticas ilegais serán eliminados polo xurado sen posibilidade de reclamación.

 

As publicacións gañadoras serán sometidas a unha análise máis profunda para determinar a lexitimidade dos seus votos.

 

Se se evidenciase que calquera dos participantes non cumpre cos requisitos esixidos nas Bases, ou os datos proporcionados para participar non fosen válidos, a súa participación considerarase nula e quedarán automaticamente excluídos do concurso, perdendo todo dereito sobre os premios outorgados en virtude destas bases.

 

O ORGANIZADOR resérvase o dereito, se concorre xusta causa e previa publicación no mesmo lugar que a publicación destas bases, de efectuar calquera cambio, suspender ou ampliar este concurso.

 

Establécese un prazo de QUINCE (15) días naturais desde a data da concesión do premio, para efectuar calquera reclamación motivada. O ORGANIZADOR resérvase, en caso de imposibilidade ou falta de dispoñibilidade, o dereito de substituír o premio por outro de similares características e importe.

 

Exoneración de responsabilidade

A título enunciativo, pero non limitativo, O ORGANIZADOR non se responsabiliza das posibles perdas, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar ao desenvolvemento deste concurso, así como tampouco se responsabiliza do uso que faga o participante respecto do premio que obteña deste concurso, e non asume responsabilidade algunha por ningún dano ou prexuízo de calquera tipo que puidesen sufrir os Participantes, gañadores ou terceiros.

 

O ORGANIZADOR non asume a responsabilidade en casos de forza maior ou caso fortuíto que puidesen impedir a realización do CONCURSO ou o goce total ou parcial do premio. No caso de que este CONCURSO non puidese realizarse, ben por fraudes detectadas no mesmo, erros técnicos, ou calquera outro motivo que non estea baixo o control do ORGANIZADOR e que afecte ao normal desenvolvemento do Concurso, reservámonos o dereito a cancelar, modificar, ou suspender o mesmo, incluíndo a páxina web de participación.

 

As persoas premiadas neste concurso aceptan expresamente que o premio supón a completa cesión dos dereitos patrimoniais de propiedade intelectual sobre a obra ao ORGANIZADOR que poderá actuar e utilizar ditas obras baixo calquera denominación de mercadotecnia, marca ou nome comercial, tal como “Presume de Galicia”,  “Presume de Morriña” ou calquera outra. En todo caso, o autor conservará os dereitos morais da obra como o recoñecemento da súa autoría.

 

Doutra banda, o resto de participantes autorizan expresamente ao ORGANIZADOR a utilizar as obras coas que participasen en calquera tipo de acción de mercadotecnia ou comunicación levada a cabo polo Clúster de Turismo de Galicia ou Turismo de Galicia.

 

Aceptación incondicionada destas bases

A participación no presente concurso implica a aceptación expresa e incondicionada destas bases, que teñen natureza contractual entre as partes.

 

Os premios outórganse como unha mera liberalidade.

 

Calquera consulta ou conflito sobre o concurso será resolto pola organización. As súas resolucións non serán recorribles.

Protección de datos

 

14.1 Política de protección de Datos

 

En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos, Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 (GDPR) relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento Xeral de Protección de Datos) e Lei Orgánica de Protección de Datos e Garantía de Dereitos Dixitais (LOPDGDD, Lei 3/2018 de 5 de decembro), informámoslle da nosa Política de Protección de Datos Persoais:

 

  • O responsable do tratamento de datos é a Asociuación Clúster empresarial de Turismo de Galicia, con NIF G70377338, e domicilio en Edificio Centro Emprendimento (Coworking), Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás s/n. 15707, Santiago de Compostela (A Coruña), inscrita co número 2013/017785 Sección 1 do Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia
  •  
  • A finalidade do tratamento dos seus datos persoais é a celebración deste concurso (Identificar ao participante, ao gañador/a e aos votantes) e a xestión dos premios.
  •  
  • A base legal para o tratamento dos seus datos é a relación contractual que asumen as partes ao participar no concurso. Ademais, os participantes deben aceptar expresamente estas bases para participar.

 

O ORGANIZADOR tómase moi en serio a protección da privacidade e dos seus datos persoais. Por tanto, a súa información persoal consérvase de forma segura e trátase co máximo coidado.

 

Os Participantes garanten que os datos persoais facilitados son veraces e fanse responsables de comunicar ao Clúster de Turismo de Galicia, calquera modificación dos mesmos.

 

Clúster de Turismo de Galicia resérvase o dereito a excluír do presente concurso a todo Participante que facilitase datos falsos.

 

Recoméndase ter a máxima dilixencia en materia de Protección de Datos mediante a utilización de ferramentas de seguridade, non podéndose responsabilizar a Clúster de Turismo de Galicia de subtraccións, modificacións ou perdas de datos ilícitas.

 

Os Participantes teñen dereito a (i) acceder aos seus datos persoais, así como a (ii) solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión, (iii) solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, (iv) oporse ao tratamento dos seus datos e (v) solicitar a súa portabilidade. Os Participantes poden exercer todos estes dereitos na seguinte dirección de e-mail secretario@clusterturismogalicia.com, indicando o motivo da súa petición.

 

Os Participantes poden tamén, enviar a súa petición por correo ordinario á seguinte dirección: Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás s/n. 15707, Santiago de Compostela (A Coruña). Sen prexuízo de calquera outro recurso administrativo ou acción xudicial, o Participante terá dereito a presentar unha reclamación ante unha Autoridade de Control (en España é a Axencia Española de Protección de Datos), en particular no Estado membro no que teña a súa residencia habitual, lugar de traballo ou lugar da suposta infracción, no caso de que considere que o tratamento dos seus datos persoais non é adecuado á normativa, así como no caso de non ver satisfeito o exercicio dos seus dereitos. A Autoridade de Control ante a que se presentou a reclamación informará ao reclamante sobre o curso e o resultado da reclamación.

 

Para máis información, podes consultar a política de privacidade de Clúster Turismo de Galicia a través da seguinte ligazón: https://clusterturismogalicia.com/gl/privacidade/

 

14.2 Obrigacións dos participantes en materia de protección de Datos

 

As obras presentadas a concurso non poderán conter datos protexidos pola normativa de protección de datos persoais (RGPD e LOPDGGDD) nin tampouco datos de imaxe protexidos pola Lei Orgánica 1/1982 de 5 de maio, de Protección Civil do Dereito á Honra, á Intimidade Persoal e Familiar e á Propia Imaxe. Neste sentido, se aparecen nas obras datos ou imaxes de persoas que poidan ser identificadas ou identificables requirirase o consentimento expreso das mesmas para poder participar, so pena de exclusión do concurso.

 

En todo caso o ORGANIZADOR non se fai responsable de calquera reclamación que se poida derivar neste sentido, por canto tódolos participantes asumen expresamente que están en posesión de tódalas autorizacións pertinentes para o contido das súas obras.

 

A Organización resérvase o dereito de non admitir a concurso aqueles fotorrelatos e videorrelatos que, entre outros, atenten contra os dereitos á intimidade, honra e propia imaxe de terceiros, ou que conteñan, a modo enunciativo, pero non limitativo, connotacións racistas, sexistas e/ou discriminatorias, comentarios obscenos, lascivos, difamatorios ou calquera que atenten contra a dignidade de terceiros, contra a moral e/ou contra a orde pública.

 

Cambios

O ORGANIZADOR resérvase o dereito de modificar ou ampliar estas bases, na medida que non prexudique ou menoscabe os dereitos dos participantes no concurso.

 

Lexislación aplicable e xurisdición

Estas bases legais rexeranse de conformidade coa lei Española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese exporse en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.