Unha Gastronomía para presumir dela!

Como xa algúns saberedes, Presume de Galicia, é unha iniciativa creada polo Clúster de Turismo de Galicia para facer alusión directa ao orgullo de vivir nestas terras e para que os que puideron gozar das súas vacacións aquí, poidan presumir delas subindo as súas fotografías ou vídeos. Ademais, mediante esta plataforma, tamén temos a oportunidade de descubrir zonas escondidas que moi poucos coñecen, e que son igual de incribles que outras zonas máis turísticas, soa ben, verdade? E por se aínda fose pouco, se a túa fotografía ou vídeo é o máis aplaudido poderás gañar unha noite de hotel con almorzo incluído para dúas persoas!

Co comezo de outubro, dámoslle a benvida oficial ao Mes Gastonómico en Presume de Galicia. No outono, son moitos os produtos típicos galegos que están de tempada como é o caso da castaña ou dos cogomelos. Por esta razón, creémos que é o mes idóneo para #PresumirdeGastronomía, subindo os nosos pratos favoritos á nosa web en forma de imaxes ou vídeos, xa que este mes, queremos saber de que pratos ou produtos gastronómicos presumen máis os nosos usuarios.

Aínda que comer ben en Galicia está de moda todo o ano!

Para este post, decidimos poñer en valor, todos os produtos de calidade recoñecida cos que Galicia conta. Nestas terras, somos afortunados de ter con numerosos produtos únicos grazas ás idóneas condicións climatolóxicas ou as riquezas dos nosos chans e augas.


  • Os nosos Produtos DOP ( con Denomicación de Orixe Protexida) 

Deliciosos produtos perfectos para degustar só ou en compañía, ademais de ser un excelente agasallo se queres levar algo típico da terra.

Déixate seducir por: o magnífico Mexillón de Galicia, o inquietante Pemento de Herbón (nunca saberás se vai picar ou non), o suave Queixo de tetilla, o cremoso queixo Arzúa-Ulloa, o queixo do Cebreiro, perfecto para convinar con algo doce, e o interesante sabor afumado do queixo San Simón dá Costa.

  • Os nosos Produtos IGP (con Indicación Xeográfica Protexida) 

Por se a anterior lista de produtos paréceche pouco, tamén contamos con fabulosos produtos IPG, que che deixarán coa boca aberta.

Déixache impresionar por: a saborosa Castaña de Galicia, a carnosa Faba de Lourenzá, os tenros Grelos de Galicia, o singular Lacón Galego, o doce Mel de Galicia, o marabilloso Pan de Cea, a excelente Pataca de Galicia, os imponenetes Pemento de Arnoia, do Couto e Oímbra, a almendrada Torta de Santiago e a delicada Tenreira Galega.


  • Os nosos viños DO (Denominación de Orixe) 

E  se en produtos alimentarios temos unha gran variedade, non podemos deixar de mencionar as nosas exclusivas variedades de viño.

Deixa gozar ao teu padal con: a DO Rías Baixas, a DO O Ribeiro, a DO Ribeira Sacra, a DO Valdeorras e a DO Monterrei. Non saberás con cal quedarche!

Ademais, deixando as DO ao carón, tamén contamos cos denominados Viños da Terra, que son: o de Betanzos, o de Val do Miño-Ourense e Barbanza e Iria.


  • E para rematar... non te vaias sen probar: 


-O noso Caldo Galego.

-As nosas variadas empanadas de todo tipo.

-Os Reyes do mar: Os nosos Mariscos e O noso Polbo!

-E para quentar as gargantas nosas bebidas espirituosas con Indicación Xeográfica: o licor Galego, a Augardente de Herbas de Galicia, o Licor Café de Galicia e o Licor de Herbas de Galicia.

Poderiamos seguir presumindo de gastronomía durante horas todo o que debes probar se vés ou estás en Galicia, pero preferimos que o descubrades por vós mesmos!